Buscar neste blog

Saga Divergente, (Divergente, Insurgente. Leal, Cuatro ) Veronica Roth

A sociedade dividida en faccións na que antes cría Tris Prior quedou feita pedazos, fracturada pola violencia e as loitas de poder, e marcada pola traizón. Así que cando ten a oportunidade de explorar o mundo máis aló dos límites que sempre coñeceu, Tris está máis que disposta. Poida que, alén do valo, Tobias e ela descubran unha nova vida xuntos: máis sinxela, libre de mentiras, lealdades confusas e recordos dolorosos. Con todo, a nova realidade de Tris é aínda máis inquietante que a que deixou atrás. E, de novo, Tris loita por comprender as complexidades da natureza humana (e da súa propia natureza) á vez que se enfronta a eleccións imposibles que teñen que ver co valor, a lealdade, o sacrificio e o amor.