Buscar neste blog

Aniversario de Rosalía de Castro.

O 24 de febreiro estaría de aniversario a nosa poetisa máis internacional, Rosalía de Castro. Para celebralo, o alumnado de 3º ESO preparou este vídeo-poema con “Ladraban contra min” de Follas Novas.


Los girasoles ciegos (Alberto Méndez)

Unha historia magníficamente ilustrada.
Esta edición sorprende por ser a primeira vez que se ilustra este laureado texto. O delicado e profundo pincel de Gianluigi Toccafondo retrata con brillantez o conflito que narra esta obra composta por catro relatos que transcorren durante o estalido da guerra civil e os crueis e vengativos primeiros anos da posguerra. 
A rotundidade da prosa, directa e proverbial, sustentada por un mantido vigor poético, o dramático das vidas que se retratan ou a sutileza con que se vinculan as catro historias valéronlle a Alberto Méndez o recoñecemento dos lectores de todo o mundo e a convicción xeral de que esta non é unha narración máis sobre a guerra civil, senón unha das máis emocionantes escritas ata agora. 
A primeira e única obra de Alberto Méndez, que lle valeu póstumamente o Premio Nacional de Narrativa e o unánime recoñecemento internacional.

Circus (Ana Juan)

Unha narración en imaxes.

Na casa fronte á que xogan dúas xemelgas, viven, nunha realidade inquietante e sombría, unha caterva de personaxes singulares. Ana Juan fai un brillante relato visual, para o que non necesita palabras, desas vidas e das súas atormentadas relacións. Un excepcional exemplo do xénero da narración en imaxes.

La colección del abuelo (Bruna Valls)

Unha historia por descubrir.
Lobezno acaba de chegar a casa, senta na cadeira de brazos favorita do avó e, por primeira vez, repara nun vello álbum de fotos. Tómao nas súas mans e ábreo lentamente. Como é que o avó viaxou tanto? Como é que viviu en tantos sitios? E, sobre todo, por que xamais coñeceu a ningún dos seus amigos? 
O avó está disposto a contarlle toda a verdade... 
 
Obra gañadora do VII Premio Internacional Álbum Ilustrado Edelvives 2018.

Las aventuras de Pinocho (Carlo Collodi)

Coidado co nariz!
Unha nova mirada sobre un conmovedor himno á infancia: as rocambolescas desventuras de Pinocho, un boneco de madeira que se ve na dúbida de obedecer a Gepetto e ao Fada dos Cabelos Turquesa ou elixir os praceres irresistibles da vida.

Unha versión abreviada e adaptada da máxica historia de Carlo Collodi con ilustracións de Justine Brax que forma parte da nova colección de Contos clásicos ilustrados da literatura infantil.

Pulgarcita (Hans Christian Andersen)

Que grande é todo!

Unha nova mirada sobre un gran clásico da literatura danesa que enxalza a natureza e a metamorfose dunha nena.

Un sapo, un abellón, unha rata e ata un topo desexan dirixir a vida de Pulgarcita, unha nena diminuta nada dunha planta de cebada. Grazas a unha anduriña, logrará liberarse da vida que elixiron para ela e coñecer o amor no reino das flores.

Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes 1 y 2 (Elena Favilli; Francesca Cavallo)

Cen novos exemplos de determinación e audacia para as nenas que soñan en grande. O libro reúne cen novas historias de mulleres extraordinarias de todo o mundo. Desde Beyoncé, pasando por J. K. Rowling, ata Madonna; desde Rigoberta Menchú pasando por Nefertiti ata Isadora Duncan, retratadas polas 70 ilustradoras máis importantes de todo o mundo.
Despois do éxito do primeiro libro en todo o mundo, a selección de historias deste segundo volume foi realizada coas achegas da gran comunidade de lectores e lectoras que # Niñasrebeldes # RebelGirls creou.


Únete ao movemento # NiñasRebeldes

Todas as nenas deberían crecer pensando que poden chegar a ser o que elas queiran. 
Había unha vez unha princesa... unha princesa? Que?! Había unha vez nena que quería chegar ata Marte. Érase unha vez unha muller que se converteu nunha das mellores tenistas do mundo e outra que descubriu como se dá a metamorfose das bolboretas. De Frida Kalo a Jane Goodall, de Coco Chanel a Nina Simone, das irmás Bronte a Marie Curie este libro narra as extraordinarias vidas de 100 mulleres valentes e, ademáis, conta coas ilustracións de 60 artistas de todo o mundo. Científicas, astronautas, levantadoras de pesas, xuízas, chefs... cen exemplos de determinación e audacia para as que soñan en grande.