Buscar neste blog

BRANCO OU NEGRO

 BRANCO OU NEGRO. É O RACISMO ALGO INNATO NOS NEN@S OU ADQUÍRENO?

 O vindeiro días 3 de maio o alumnado de valores (voluntariado) vai ao centro de primaria a traballar co alumnado de 3 anos e o de 2º de primaria sobre este tema.          Dar as grazas a profesora María Míguelez polo seu excelente traballo.








O VOLUNTARIADO DA BIBLIOTECA CONTA CONTOS NA BIBLIOTECA PÚBLICA

 CONTA CONTOS 

A voluntaria Isabel Trigo conta contos e fai actividades cos mais pequenos do pobo na biblioteca pública.





Grazas Isabel

REGUEIFAS # LECTURA E FAMILIAS

 

PROGRAMA LECTURAS E FAMILIA

O mércores 26 de abril as cantareiras de Trives estiveron na biblioteca amosando aos alumnos as cantigas da seitura, para promover e e dar  coñecer as cantigas da nosa comarca.





HOMENAXE AOS NOSOS GAITEIROS # LECTURA E FAMILIAS

 PROGRAMA LECTURAS E FAMILIA

O luns 25 de abril tivemos na biblio a visita do gaiteiro e investigador DIEGO PRIETO, que lle contou ao alumnado a historia dos TRINTA de Trives e dos TRABAZOS de Castro Caldelas.




INTERCAMBIO TUI

O Departamento de Dinamización Lingüística organizou un intercambio co alumnado do 

IES SAN PAIO de TUI.


O noso alumnado visitou Tui o 27 de marzo e eles devolveron a visita o  24 de abril facendo percorridos por ambas vilas, realizando visitas turisticas e culturais.




ALIMENTACIÓN E HABILIDADES SOCIAIS

ALIMENTACIÓN

O día quince de abril estivo no noso centro Marta, unha das membros da Cruz Vermella do Barco de Valdeorras para traballar co alumnado de 2º da ESO sobre alimentación, este tipo de información é moi relevante para os mozos e mozas destas idades.




A posteriori reuniuse co alumnado de 1º da ESO para traballar con eles sobre  habilidades sociais.