Buscar neste blog

Feridas de Samaín

Durante o recreo de hoxe, luns 29 de outubro, tivo lugar  o primero obradoiro de maquillaxe. A profesora Ana ensinounos como facer unha ferida para o próximo disfrace de Samaín.
Aquí tedes unhas fotos do proceso e do resultado:












Recomendación literaria

A recomendación literaria da semana corre a cargo de Luís e Brais.
Prepara o teu comentario para a próxima semana!

24 de outubro: Día Internacional das Bibliotecas

Con motivo do Día Internacional das Bibliotecas este mércores 24 de outubro, dende a biblioteca do Centro propoñémosvos unha serie de libros relacionados co Samaín.
Hai libros en galego e en castelán para todas as idades.
Botádelle un ollo na bilioteca!

Circe ou o pracer do azul


 
A esposa e a amante, dúas mulleres que poderían ser rivais, mais que non o son; todo o contrario, son irmás, amigas, cómplices, confidentes. E que teñen en común? O seu amor e odio por Ulises, personaxe que serve de elo entre estas dúas poderosas mulleres, Penélope e Circe. A través dunha relación epistolar trábase entre elas un universo feminino onde as protagonistas son as mulleres e o amor.
Di Begoña Caamaño “É o tempo do feminismo: da xustiza, da igualdade, da liberdade, da dignidade e, por qué non? Da felicidade” Eses valores dos que fala, esa felicidade que nunca esquece e que tinguen estas páxinas escritas dende o amor.
Se queres adentrarte no mundo da mitoloxía e dos sentimentos femininos non podes deixar de ler Circe ou o pracer do azul.