Buscar neste blog

En tempo de halcones. Fran Zabaleta

Esta é a historia dun servo fugitivo que se esconde nunha cidade que acolle a peregrinos de todo o mundo. A da filla do posadero máis renombrado e ambicioso do burgo. A dun mozo de boa familia sen outra preocupación que gozar dos praceres. A dunha fermosa escrava moura fuxida. A dunha parella de xograres cuxas voces espertan anhelos. A do rei dos ladróns. A dun frade que se enfronta aos poderosos. A de dous vellos falcóns aliados á forza mentres os seus propios fillos rivalizan por facerse coas rendas. Pero, sobre todo, é a historia dunha cidade, Santiago de Compostela, cuxos habitantes se rebelan contra o seu señor natural, obrigan aos nobres locais a seguirlles o xogo e proclaman a Irmandade. Un soño de liberdade, de xustiza e de paz que uns loitarán por defender e outros por aniquilar.