Buscar neste blog

El jilguero. Donna Tartt

O jilguero, empeza nunha habitación de hotel en Amsterdam. Theo Decker leva máis dunha semana encerrado entre esas catro paredes, fumando sen parar, bebendo vodka e masticando medo. É un home novo, pero a súa historia é longa e nin el sabe ben por que chegou ata aquí. Como empezou todo? Cunha explosión no Metropolitan Museum fai uns dez anos e a imaxe dun jilguero de plumas douradas, un cadro espléndido do século XVIII que desapareceu entre o po e os cascotes. Quen llo levou é o mesmo Theo, un raparigo entón, que de súpeto quedou orfo de nai e dedicouse a desgastar a súa vida: as drogas rabuñárono, a indiferenza do pai cegouno e a súa amizade co mozo Boris levouno á delincuencia sen máis trámites. Todo parecía a piques de acabar, e da peor das maneiras, no deserto de Nevada, pero non. Ao cabo dun tempo, outra vez as rúas de Manhattan, unha pequena tenda de anticuario e un vulto sospeitoso que agora vai pasando de man en man ata chegar a Holanda. Como acabará todo?