Buscar neste blog

Ajuste de cuentas (John Grisham)

Hai crimes que fan historia. 
Pete Banning era o fillo predilecto de Clanton, Mississippi. Heroe condecorado da Segunda Guerra Mundial, patriarca dunha notoria familia, granxeiro, pai, veciño e membro incondicional da igrexa metodista. Unha mañá de outubro de 1946 levantouse cedo, conduciu ata a igrexa e alí disparou e matou o seu amigo, o reverendo Dexter Bell. Por se o asasinato non fóra suficientemente asombroso, as únicas palabras que Pete pronunciou #ante o shériff, os seus avogados, o xurado, o xuíz e a súa familia foron: «Non teño nada que dicir». Non temía á morte e estaba disposto a levar as súas razóns á tumba. 
Nesta novela John Grisham condúcenos nunha viaxe incrible desde a época da segregación racial ata a xungla das illas Filipinas durante a Segunda Guerra Mundial e desde un asilo insano que garda secretos ata a sala na que o avogado de Pete trata desesperadamente de salvalo.