
Decididamente, 2019 é o ano Astérix, pois os personaxes cumpren sesenta anos e publícase un novo e ansiado álbum. Como esixe a tradición da alternancia, a nova aventura de Astérix e Obélix desenvólvese na soada aldea gala. Tras a escapada a Italia que supuxo Astérix en Italia en 2017, agora toca regresar a Armórica para asistir a unha reunión que soliviantará aos habitantes da aldea. A filla de Vercingétorix é o resultado da cuarta colaboración entre o guionista Jean- Yves Ferri e o debuxante Didier Conrad. O dúo, sempre disposto a imaxinar novas aventuras, introdúcese de novo no fabuloso universo creado por René Goscinny e Albert Uderzo.
Son os últimos títulos, pero contamos coa colección en galego, castelán, inglés e francés.
Son os últimos títulos, pero contamos coa colección en galego, castelán, inglés e francés.