Buscar neste blog

Ferox. Serás leyenda (Olivia Sterling)

Unha viaxe chea de aventuras e descubrimentos, no que a moza salvaxe que apenas sabía nada do mundo converteuse en lenda. 
«Non hai máis que ver o lume deses ollos: esta nena ten o corazón dunha fera salvaxe.» 
Nos albores do ano 1000, mentres media humanidade vive entre a fame e a miseria, a outra media agarda con temor a chegada do fin do mundo. 
A moza Micaela e o seu pai pasaron a vida illados no claro dun bosque, escondéndose dos asasinos que a buscan. A curiosa e indómita nena crece sen coñecer nada do que ocorre máis aló do seu bosque. 
Unha mañá fanse realidade os seus temores: no claro preséntase un home chosco que vén levarlla, e ela vese obrigada a fuxir. Inicia así unha viaxe chea de perigos por un medievo sometido á lei do máis forte, que a conducirá a atopar o medo, a traizón e a morte, pero tamén o amor. O seu destino: descubrir a verdade sobre a súa orixe; unha verdade que custodia unha mítica comunidade de mulleres libres que sobreviven ocultas nun lugar secreto: a Praia dos Homes de Pedra.