Buscar neste blog

ROTEIRO HISTÓRICO-ARQUELÓXICO

 O alumnado do IES visitou os principais monumentos da zona, a actividade foi organizada polo departamento de Historia da Arte (Ana García), puideron coñecer e visitar: Os Biocos e Miliarios de San Xoán de Río, Castelo de Castro Caldelas, Ponte da Cabalar e Bibey na Pobra de Trives e o Mosteiro de Sobrado.



DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 Como cada 23 de outubro o IES coa colaboración dos CEIP de Manzaneda e Trives conmemoramos o día das bibliotecas escolares cunha xuntanza na que compartimos actividades.

Este ano como o lema das bibliotecas escolares está baseado na banda deseñada, nós tamén o dedicamos a ese tipo de literatura amena e fantástica.



*Acollida do alumnado. 





*O alumnado de 2º da ESO exprica a historia dalgúns cómics e os seus protagonistas, tendo como fondo os debuxos dos mesmos que están nas paredes do corredor da biblioteca do IES.



*Visualización dun vídeo sobre a historia do cómic e as súas partes e outro dun corto de Mortadelo e Filemón.

*Exposición de cómics nos corredores do IES




FILOSOFÍA PARA GLADIADORAS


 

CONCURSO DE CABAZAS

 Decora a túa cabaza e participa no concurso data límite de entrega 27 de outubro.


A túa participación ten premio. Adiante




Gañadora: Mariña Rodríguez González. 1º ESO




SAÍDA CLUB DE LECTURA

 A RUTA DOS MOSTEIROS

O pasado día 18 de outubro gran parte dos membros do club de lectura "Furgando nos libros" realizaron unha saída formativa para visitar ou/e coñecer mosteiros da Ribeira Sacra. Visitamos "San Pedro de Rocas" onde o seu encargado nos fixo un percorrido pola súa historia, que completamos a posteriori coa visualización dun vídeo e a visita as instalacións e exteriores.
A continuación fixemos a visita a "Santo Estebo de Ribas do Sil", neste caso as expricacións correron a cargo da profesora de historia da arte do noso instituto Ana García. Ámbolas dúas visitas foron  moi formativas e interesantes. Unicamente tivemos en contra o tempo, xa que a choiva acompañounos toda a tarde.







Rematamos o día cunha cea de grupo nun coñecido bodegón da pobra de Trives.



CREA E XESTIONA A TÚA CIDADE

 O alumnado de 4º da ESO planifica o que seria a súa cidade ideal e diseñana con Lego na clase de filosofía.