Buscar neste blog

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 Como cada 23 de outubro o IES coa colaboración dos CEIP de Manzaneda e Trives conmemoramos o día das bibliotecas escolares cunha xuntanza na que compartimos actividades.

Este ano como o lema das bibliotecas escolares está baseado na banda deseñada, nós tamén o dedicamos a ese tipo de literatura amena e fantástica.



*Acollida do alumnado. 





*O alumnado de 2º da ESO exprica a historia dalgúns cómics e os seus protagonistas, tendo como fondo os debuxos dos mesmos que están nas paredes do corredor da biblioteca do IES.



*Visualización dun vídeo sobre a historia do cómic e as súas partes e outro dun corto de Mortadelo e Filemón.

*Exposición de cómics nos corredores do IES