A RUTA DOS MOSTEIROS
O pasado día 18 de outubro gran parte dos membros do club de lectura "Furgando nos libros" realizaron unha saída formativa para visitar ou/e coñecer mosteiros da Ribeira Sacra. Visitamos "San Pedro de Rocas" onde o seu encargado nos fixo un percorrido pola súa historia, que completamos a posteriori coa visualización dun vídeo e a visita as instalacións e exteriores.
A continuación fixemos a visita a "Santo Estebo de Ribas do Sil", neste caso as expricacións correron a cargo da profesora de historia da arte do noso instituto Ana García. Ámbolas dúas visitas foron moi formativas e interesantes. Unicamente tivemos en contra o tempo, xa que a choiva acompañounos toda a tarde.
Rematamos o día cunha cea de grupo nun coñecido bodegón da pobra de Trives.