Buscar neste blog

A CAIXA DA CALMA

  Investigación sobre Emocións nos nenos/as

PROXECTO: EMOCIONÁMONOS CON SENTIDO

GRUPO ISEN 2º BACH

Actividade 1-28/03/23:

1. Introducción

A caixa da calma é unha ferramenta útil para axudar aos nenos para manexar as súas emocións e reducir o estrés. A caixa será creada durante a sesión e cada alumno deberá decorala e traer obxectos que lle produzan tranquilidade cando se sintan estresados.

2. Obxectivos

- Os nenos poderán expresar e compartir as súas emocións.

- Crear un espazo ao que os nenos poidan acudir cando se sintan atafegados.

3. Metodoloxía

1. Decorar a caixa de zapatos con papel de cores, pinturas acrílicas, adhesivos ou

calquera outro material que teñas a man. Asegúrate de que sexa unha caixa bonita

que chame a atención dos nenos.

2. Cortar papel de cores en formas xeométricas (cadrados, triángulos, círculos, etc.)

e pegalos no interior da tapa da caixa. Estes papeis poden ser utilizados polos

nenos para crear patróns ou facer debuxos.

3. Agregar elementos naturais dentro da caixa, como follas secas, poliñas,

sementes, pedras, etc.

4. Incluír lapis de cores e rotuladores dentro da caixa para que os nenos poidan

debuxar e escribir sobre o papel da tapa.

5. Ensinar aos nenos para utilizar a caixa da calma. Cando sentan tensos ou

atafegados polas súas emocións, poden tomar a caixa, abrila e comezar a explorar

os elementos dentro dela.

6. Convidar os nenos a compartir o que crearon ou atoparon dentro da caixa.

Axudarlles a identificar como senten e a falar sobre as emocións que están a

experimentar.

GRUPO ISEN 2º BACH.: Investigación sobre Emocións nos nenos/as

IES XAQ POBRA DE TRIVES

PROXECTO: EMOCIONÁMONOS CON SENTIDO

7. Animar aos nenos para utilizar a caixa da calma regularmente como ferramenta

para xestionar as súas emocións e reducir o estrés.

4.Recursos

- Caixa de zapatos.

- Pegamento.

- Tesoiras.

- Papel de cores.

- Lapis de cores.

- Rotuladores.

- Pinturas acrílicas.

- Adhesivos.

- Elementos naturais como cunchas, pedras, follas, sementes, etc.

- Obxectos especiais: aqueles que lles transmitan calma aos nenos.

5. Duración

A duración estimada será dunha sesión (50 minutos).

6. Orientacións

- Ter avisados aos alumnos de toda a información sobre dita actividade.

- Os alumnos deberán traer todo o material necesario para o día fixado.