Buscar neste blog

E ti, como me ves?

Investigación sobre Emocións nos nenos/as

GRUPO ISEN 2º BACH.

PROXECTO: EMOCIONÁMONOS CON SENTIDO

Actividade 3-2/05/23:



Obxectivos

- Reforzar a miña autoestima expresando os puntos fortes que o resto observa en min.

- Ler diariamente a lista dos meus puntos fortes para sentirme a gusto comigo

mesmo/a.

- Utilizar as estratexias que necesite para reforzar a miña autoestima.

Metodoloxía

Este exercicio debe realizarse nun ambiente agradable. Durante o exercicio deberá soar

música.

Individualmente

Cada alumno/a escribirá nun papel todos os seus aspectos positivos e puntos fortes.

Esta actividade ímola facer nos grupos de referencia do alumnado. A 1º ESO irán Gisela,

Lucía e Diego e a 2º ESO Roi, Alejandro e Carla.

En cada un dos grupos os facilitadores ordenarán ao alumnado en círculo, se pode ser con

certa separación entre eles.

Proporcionaremos un folio a cada un e deberán de ter un bolígrafo.

1.Colocarán o folio en posición horizontal e ocupando todo o folio porán o seu nome.

2.Doblámolo á metade de xeito que o nome quede no interior:

Cando un alumno ou alumna teña escritos os aspectos positivos ou puntos fortes que lle

correspondan, sentará no seu sitio e comparará o que escribiu co que escribiron o resto.

Para poder extraer conclusións, poden contestar ás seguintes preguntas:

- Véxome a min mesmo/a como me ven o resto?

- Como me sentín cando o resto adxudicoume esas características?

- Para que me serviu este exercicio?

Cada alumno ou alumna deberá introducir esta folla na caixa da calma e revisala cando

sexa necesario.