En 1915 unha rede de valerosas espías deixou un legado de gloria e sacrificio. Pero tamén de traizón. Trinta anos despois, chegou a hora da verdade.
1947. A moza americana Charlie St. Clair está embarazada, solteira e a piques de ser expulsada da súa moi decente familia. Mentres o seu mundo vén abaixo, a súa única ilusión é a débil esperanza de que a súa amada curmá Rose, que desapareceu na Francia ocupada polos nazis durante a Segunda Guerra Mundial, siga viva.
1915. Un ano despois do estalido da Gran Guerra, Eve Gardiner está a desexar unirse á loita contra os alemáns, así que non dubida un instante cando é recrutada como espía da organización clandestina coñecida como «a rede de Alice».
Tres décadas máis tarde, obsesionada pola traizón que destruíu a rede, Eve pasa os seus días entre botellas de alcol encerrada na súa ruinosa casa de Londres. Ata que unha moza americana aparece na súa porta pronunciando un nome que Eve non escoitou desde hai décadas e embarcada nunha misión: pescudar a verdade sen importar onde conduza.
Heroísmo, amor e suspense nunha apaixonante novela inspirada no episodio histórico real da rede de mulleres espías que salvou a máis de mil soldados da morte.