Buscar neste blog

Trilogía de Canciones de amor y guerra. Las crónicas de Deverill, Hijas del castillo de Deverill, El último secreto de Deverill. Santa Montefiore

Segunda novela de “Crónicas dos Deverill”. Santa Montefiore, a raíña do romance épico, une de maneira maxistral a convulsa historia de Irlanda ao longo de varios séculos cunha trama familiar e romántica que atrapa desde as primeiras páxinas. O ton lembra moito á serie Downton Abby (tramas románticas, conflito entre irlandeses e ingleses, e como afecta a Primeira Guerra Mundial á caída do tipo de vida da aristocracia…). Outros referentes poderían ser Diana Gabaldon ou Florencia Bonelli. En 1925 a guerra e os disturbios de Irlanda quedaron por fin atrás, pero namentres perdéronse moitas cousas e a vida nunca volverá ser a mesma para Kitty, Bridie e Celia. O castelo de Deverill, que durante séculos foi o fogar dos Deverill no suroeste de Irlanda, ardeu ata os cimentos. Pero a nova e caprichosa Celia Deverill sorprende a todo o mundo.