Buscar neste blog

El legado de la villa de las telas (Anne Jacobs)

Unha poderosa familia.
Unha situación dramática.
Unha mansión que esconde máis dun secreto...
A brillante terceira parte da saga superventas que comezou con La villa de las telas.


Augsburgo, 1920. O estado de ánimo na vila é optimista respecto ao futuro. Paul Melzer regresou da fronte e toma as rendas da fábrica decidido a que o negocio familiar recupere o seu antigo esplendor. As cousas van ben mesmo para a súa irmá Elizabeth, que regresa a casa ilusionada cun novo amor. Pero «felices para sempre» pode estar aínda lonxe para os Melzer. Marie, a nova esposa de Paul, quere cumprir un vello soño: ter o seu propio taller de moda. A pesar de que os seus modelos e os seus deseños gozan de éxito, a súa alegría vese embazada polas constantes discusións co seu marido. Incapaz de soportalo máis, Marie, a muller que mantivo á boia a fábrica, a vila e a toda a familia cando máis a necesitaron, toma unha dura decisión e abandona a mansión xunto aos seus fillos.