Buscar neste blog

El hijo del italiano (Rafel Nadal)

Unha viaxe cara á procura da identidade. 

Mateu crece nunha familia rota que non sente como súa. Desde pequeno loita por deixar atrás os berros e a miseria da Mina, a casa máis pobre de Caldes de Malavella. Pronto descobre que as súas orixes están relacionados coa estancia do milleiro de mariñeiros italianos que se refuxiaron no pobo. Eran os sobreviventes do acoirazado Roma, bombardeado polos alemáns o 9 de setembro de 1943 como vinganza polo armisticio entre Italia e os aliados. Sesenta anos despois, á morte da súa nai, Mateu comeza a facerse preguntas e decide buscar ao seu pai: quen era ese italiano que asubiaba cancións napolitanas e levaba a lavar a roupa á súa nai? O fillo do italiano narra a historia dun amor secreto e unha viaxe en busca da propia identidade.