Buscar neste blog

Papel y tinta (María Reig)

De que serías capaz por cumprir os teus soños? 
Que tiña que facer unha muller para lograr os seus na España de principios do século xx? 
Madrid, primeiras décadas do século pasado. Elisa Montero, aínda que de orixe humilde, é criada desde nena pola súa madriña, unha adiñeirada e misteriosa muller pertencente á alta burguesía madrileña. A sensación de non pertencer a ningún lugar e de certa rebeldía ante os designios que outros trazaron para ela será algo que marcará a súa vida. Elisa non só buscará liberarse das limitacións que lle impoñen a súa condición de muller e a súa posición social para lograr converterse en xornalista, senón que tentará tomar as rendas do seu destino e entregarse ao verdadeiro amor. Como testemuña, a rabiosa e convulsa actualidade dunha España entre guerras que a acompañará na súa loita por coñecerse a si mesma e sobrepoñerse aos seus propios prexuízos.