Buscar neste blog

La joven de las naranjas (Jostein Gaarder)

"O meu pai morreu fai once anos, cando eu só tiña catro. Crin que non volvería saber nada del, pero agora estamos a escribir un libro xuntos..." Así comeza A moza das laranxas que fai reflexionar ao lector sobre a intensidade da Vida, pero tamén sobre a morte. Unha historia que nos fala do Tempo e sobre que somos realmente, que misterio compartimos co universo. Elixiriamos nacer, e coñecer a vida en toda a súa intensidade, sabendo que quizá sexa para permanecer só un instante nela? Ou rexeitariamos a oferta? Georg, un mozo de 15 anos apaixonado pola astronomía, atopa unha antiga carta que o seu pai escribiu para el ao saber que ía morrer. Nela cóntalle o gran amor que sentiu pola misteriosa Moza das Laranxas para finalmente formularlle unha importante pregunta, á que Georg debe responder. Antes de contestar, Georg escribiría un libro co seu pai, un libro que vai máis aló do tempo e dos límites da morte.