Buscar neste blog

El día que se perdió el amor (Javier Castillo)

«Ás veces o amor ponche no camiño equivocado para que saibas canto doe». Ás doce da mañá do 14 de decembro, unha moza chea de mazaduras preséntase espida nas instalacións do FBI de Nova York con varias notas amareladas na man. O inspector Bowring, xefe da Unidade de Criminología, tentará descubrir que oculta a nova e a súa conexión con outro caso, o dunha muller que aparece decapitada horas máis tarde e cuxo nome coincide co que estaba escrito nunha das notas. A medida que avance na investigación darase conta de que este caso abre antigas feridas difíciles de cicatrizar.