Buscar neste blog

Colección: Vlad, el peor vampiro del mundo (Anna Wilson)

Vlad é un vampiro de oito anos normal e corrente. O único que o diferencia do resto é o mal que se lle dá selo: non lle gusta como sabe o sangue, é incapaz de transformarse en morcego e, en lugar de durmir durante o día (como todo bo vampiro que se prece), queda esperto ata o anoitecer lendo unha novela sobre humanos que atopou escondida na enorme biblioteca da Mansión Miseria.
 


Parece que todo se lle torce a Vlad. No colexio dos humanos descubriron que é un vampiro e a súa nai empeñouse en que adquira unha nova habilidade: a superfuerza, que non acaba de dominar e que lle leva á Torre Negra como castigo. Pero todo dá un xiro inesperado: a señorita Limonada preséntase, xunto con Minxie, en Mansión Miseria e consegue convencer á familia vampírica de que Vlad é un alumno estupendo.







Lupus Cabeiro, o primo de Vlad, chegou desde Transilvania a pasar unha tempada en Mansión Miseria para axudar a Vlad a mellorar as súas escasas habilidades vampíricas. A Vlad preocúpalle que descubra a súa amizade con Minxie; e que asiste, en segredo, ao colexio dos humanos. Poderá manter a súa dobre vida?

 



Nesta ocasión, os pais de Vlad viaxaron a Transilvania e deixáronlle unha lista enorme de deberes vampíricos. Por sorte, a súa amiga humana, Minxie, quere axudalo. Pero poderán manter a súa amizade en segredo sen que o avó Gory os descúbra?
Unha aterradora e divertida colección para coñecer aos vampiros e os seus particulares costumes.





Os pais de Vlad, vampiros orgullosos, non están nada contentos cos deficientes resultados académicos do seu fillo, así que lle dan un ultimato: ou aprende a transformarse antes da hora de durmir ou o mandarán castigado á Torre Negra. Aterrado ante esta posibilidade e cada vez máis convencido de que os humanos non son tan malos como a súa familia empéñase en dicir, Vlad escápase ás agachadas de casa con axuda do seu morcego mascota Flit. 
Conseguirá Vlad superar os retos que lle propón a súa familia? 
Unha aterradora e divertida colección para coñecer aos vampiros e os seus particulares costumes.