Buscar neste blog

Vento e chuvia (Manuel Gago)

Vento e Chuvia introduce ao lector no fascinante mundo da Idade do Ferro. Dez prodixiosos deuses que poboaron os mitos da antiga Gallaecia cobran vida nun universo con alicerces nos últimos descubrimentos da arqueoloxía e das ciencias do pasado pero sobre o que voa ceibe a imaxinación e a fantasía, enchendo con soños os ocos baleiros da ciencia. Manuel Gago, apoiado visualmente polas vibrantes ilustracións de Manel Cráneo, emula unha viaxe no tempo con gravadora para colleitar as vellas historias que se contaban na noite dos castros e fiar con elas a historia dos deuses galaicos, ou sexa, as orixes máis profundas do rico imaxinario da sociedade tradicional galega. Un libro apaixoante, distinto, que causará gran impresión e que trae a máis vella mitoloxía galega coñecida ao noso imaxinario do século XXI.