Buscar neste blog

Cuentos silenciosos (Benjamin Lacombe)

Silencio, un conto!
Contos silenciosos é un magnífico conto ilustrado en tres dimensións. Bejamin Lacombe fai unha particular homenaxe aos seus contos preferidos dándolles vida e volume dunha maneira sorprendente. Segue ao coello branco ao interior destes relatos marabillosos... 

Inclúe impresionantes pop- ups de: Alicia no País das Marabillas, Pinocho, Peter Pan, Barbazul, A Bela Dormente do Bosque, Caperucita Vermella e Pulgarcita.

Nun dos pop- ups aparece como chiscadela Naoko, a protagonista do libro A amantes bolboreta, escrito e ilustrado polo mesmo Benjamin Lacombe.