Buscar neste blog

Aquí vivía yo (Daniel Torrent Riba)

A miña casa! 

Don Gregorio dedícase a ensinar pisos a posibles compradores. Un día ha de mostrar un que, para a súa sorpresa, ten certo aire familiar. E non é para menos, é a casa na que pasou a súa infancia! Cando nunha das habitacións atopa un retrato seu que debuxou na parede, transportarase a un lugar no que recuperará as emocións, as ganas de aventura, a calor da familia e multitude de sentimentos que tiña case esquecidos. 

Goza deste tenro e conmovedor relato sobre o reencontro coa infancia!