Buscar neste blog

FILOSOFÍA PARA GLADIADORAS


 

CONCURSO DE CABAZAS

 Decora a túa cabaza e participa no concurso data límite de entrega 27 de outubro.


A túa participación ten premio. Adiante




Gañadora: Mariña Rodríguez González. 1º ESO




SAÍDA CLUB DE LECTURA

 A RUTA DOS MOSTEIROS

O pasado día 18 de outubro gran parte dos membros do club de lectura "Furgando nos libros" realizaron unha saída formativa para visitar ou/e coñecer mosteiros da Ribeira Sacra. Visitamos "San Pedro de Rocas" onde o seu encargado nos fixo un percorrido pola súa historia, que completamos a posteriori coa visualización dun vídeo e a visita as instalacións e exteriores.
A continuación fixemos a visita a "Santo Estebo de Ribas do Sil", neste caso as expricacións correron a cargo da profesora de historia da arte do noso instituto Ana García. Ámbolas dúas visitas foron  moi formativas e interesantes. Unicamente tivemos en contra o tempo, xa que a choiva acompañounos toda a tarde.







Rematamos o día cunha cea de grupo nun coñecido bodegón da pobra de Trives.



CREA E XESTIONA A TÚA CIDADE

 O alumnado de 4º da ESO planifica o que seria a súa cidade ideal e diseñana con Lego na clase de filosofía.









SAMAÍN

 


CAMBIO CLIMÁTICO

 Membros do departamento de física da Universidade de Vigo,  Marta Vázquez Domínguez, Rogert Sori Gómez  e Milica Stojanovic, viñeron o pasado 29 de setembro a impartir unha charla sobre "Cambio climático" ao alumnado de 3º da ESO.

Os rapaces recoñecen que foi moi interesante coñecer a realidade que se lles presentou.