Buscar neste blog

Un destino propio. María Montesinos

Micaela é unha moza mestra que chega a Comillas, un dos pobos máis elegantes da costa cántabra, no verán de 1883. Alí coñece a Héctor Balboa, un indiano que acaba de regresar de Cuba tras amasar unha gran fortuna e está a construír unha escola para os fillos -e non as fillas- dos aldeáns. Micaela empeza entón a súa batalla para que tamén as nenas poidan recibir a educación que merecen e necesitan, á vez que entre ela e Héctor vai xurdindo unha atracción capaz de derrubar todas as barreiras. Ambientada a finais do século XIX, nun momento histórico decisivo e cheo de contrastes,Un destino propio fálanos daquelas primeiras mulleres valentes que se atreveron a alzar a voz contra unha sociedade que se negaba a escoitalas.

La casa de modas. Julia Kröhn

Nos dourados anos vinte triunfan as coleccións de vestidos espectaculares e o xenio de Coco Chanel. Fanny está cansada das anticuadas pezas que se venden nos almacéns da súa familia e quere comezar unha nova vida en París como deseñadora. Pero alí só terá éxito como modelo, e mesmo ese soño estalará en pedazos. En 1946 a súa filla Lisbeth loita pola súa supervivencia en Frankfurt, unha cidade totalmente arrasada tras os bombardeos, e pola casa de modas dos seus antepasados. O seu enxeño permitiralle conducir o negocio a unha nova época, aínda que para iso deberá pagar un prezo

Mujeres que compran flores. Vanessa Montfort

Nun pequeno e céntrico barrio da cidade hai cinco mulleres que compran flores. Ao principio ningunha faio para si mesma: unha as compra para o seu amor secreto, outra para o seu despacho, a terceira para pintalas, outra para as súas clientas, a última... para un morto. A última son eu e esta é a miña historia. Despois da perda da súa parella, Mariña dáse conta de que está totalmente perdida: ocupara o asento do copiloto durante demasiado tempo. Buscando empezar de cero acepta un traballo provisional nunha curiosa florería chamada O Xardín do Anxo.

As estacións do lobo. María Reimóndez

É inverno, a neve cae sobre Múnic e Clara atópase perdida. Sen comprender moi ben como, errou o camiño que a levaba a converterse nunha brillante adestradora canina no seu Lugo natal e rematou alá, nun banco conxelado do Englischer Garten. Todo por aquilo que a xente denominaba «amor». Mais, que era o amor a fin de contas? Era aquilo que estaba vivindo ou a posibilidade de algo diferente? Desde a domesticación ata a liberación salvaxe, Clara tentará, facendo o camiño inverso do can ao lobo, reconstruírse para reconstruír o mundo que a rodea. Un proceso no que non avanzará soa: Gaia, MK,

Alter Ego. Ana C. Sánchez

Revista antolóxica con obras de autores nacionais tanto autoconclusivas como serializadas e dirixidas a diferentes sectores demográficos.

Sidi. Arturo Pérez Reverte

A arte do mando era tratar coa natureza humana, e el dedicara a súa vida para aprendelo. Colgou a espada do arzón, palmeó o pescozo cálido do animal e botou unha ollada ao redor: sons metálicos, resollar de monturas, conversacións en voz baixa. Aqueles homes cheiraban a esterco de cabalo, coiro, aceite de armas, suor e fume de leña. »Rudos nas formas, extraordinariamente complexos en instintos e intuicións, eran guerreiros e nunca pretenderan ser outra cousa.