O noso IES comenza unha nova andaina coa participación no programa da Xunta "Correspondentes"
Queres ser Correspondente Xuvenil 3.0? Serás a ''antena informativa'' para os teus compañeiros e compañeiras das novedades interesantes para a xuventude. Debes utilizar ben as redes sociais, traballar en equipo e responsabilizarte dun labor fundamental que mellorará as posibilidades formativas, de ocio e de relación de todo o alumnado.
Os/as correspondentes terán as seguintes funcións:
- Difundir a información que reciban a través dos medios ao seu alcance: taboleiro informativo, redes sociais, wahtsapp, podcast...
- Manter actualizado e ordeado o taboleiro informativo do centro
- Remitir a Xuventude información do seu centro que poida ser de interés para correspondentes doutros puntos de Galicia.
- Participar nas sesións de formacións e/ou intercambio de experiencias que se porpoñan dende a DXXPV.
- Elaborar un podcast propio de correspondentes xuvenís. Durante o curso, os centros deberán traballar o contido do que se nutra o podcast.
Beneficios para os/as correspondentes:
- Poderán participar nos Encontros de Correspondentes Xuvenís que se organicen ao longo do curso.
- Recoñeceráselles a súa particapción cun Certificado de experiencias: Educación non formal en materia de Xuventude.
- Contarán con asesoramento para a posta en marcha do programa no seu centro educativo.