Buscar neste blog

MÓLLATE POLOS RÍOS

 O mércores, 27 de setembro o alumnado de 1º e 3º da ESO xunto co alumnado do CEIP participaron xunto cos seus profesores na limpeza dos ríos Cabalar e Ficaiño.  A actividade foi organizada e supervisada pola profesora de bioloxía Ledicia Santos, dentro do programa "Proxecto Ríos" no que participa o IES.



Aproveitouse a saída para estudar a fauna e flora autóctona para facer un herbario.



GRAZAS A TODOS POLO VOSO COMPROMISO DE CONSERVACIÓN DA NATUREZA