Buscar neste blog

Wonder, la lección de August.

«Todos deberiamos recibir unha ovación polo menos unha vez na nosa vida, porque todos vencemos ao mundo.» 

Auggie  A súa cara faio distinto e el só quere ser un máis. Camiña sempre mirando ao chan, a cabeza gacha e o flequillo tratando en balde de esconder o seu rostro, pero, aínda así, é obxecto de miradas furtivas, susurros afogados e cotenadas de asombro. August sae pouco, a súa vida transcorre entre as acolledoras paredes da súa casa, entre a compañía da súa familia, a súa cadela Daisy e as incribles historias da guerra das galaxias.

Este ano todo vai cambiar, porque este ano vai ir, por primeira vez, á escola. Alí aprenderá a lección máis importante da súa vida, a que non se ensina nas aulas nin nos libros de texto: crecer na adversidade, aceptarse tal como é, sorrir aos días grises e saber que, ao final, sempre atopará unha man amiga.