Buscar neste blog

O segredo do dragón. Dragal V. Elena Gallego Abad.


 Nalgún lugar da costa galega os dragalianos exploran os seus poderes. Híbridos entre humanos e dragóns, invisibles ao ollo humano durante milenios, poderán eludir a tecnoloxía do século XXI? Mentres o cabaleiro alquimista ensaia a fórmula que garantirá a supervivencia da estirpe, as damas da Fraternidade alíanse para protexer a xestación dunha nova criatura. Pero os inimigos do dragón non descansan: o achado dun pergamiño que desvela a existencia das catacumbas pode supor o desastre. Que sabían os trobadores do tesouro de Dragal?