Buscar neste blog

El mundo en que viví. Ilsa Losa

 

Cunha escritura sobria e transparente, e a través de breves episodios, esta novela condúcenos, nun in crescendo de emocións, desde a primeira infancia rural dunha nena xudía en Alemaña, cara ao final da Primeira Guerra Mundial, ao incremento das crises (inflación, desemprego, aumento da influencia e vitoria dos Nazis) e a un desenlace sorprendente. Hai unha felicísima imaxe simbólica, que é a do lento avanzar dunha tormenta que acaba por estar xusto encima de nós?. Asistimos a rituais xudaicos públicos e domésticos, a unha clara atracción alternativa entre a emigración a Estados Unidos e o sionismo. Queda o lector simultáneamente sorprendido pola correspondencia e polas diferenzas entre a adolescencia e a vida adulta en medios culturais moi diversos, pois hai miradas á vida luterana, á católica ou ao agnosticismo, á marxe da experiencia xudaica ortodoxa. Aparecen figuras familiares de corte nítido: os avós do pobo; o pai, tratante de cabalos, fustigado polos antisemitas e falecido de cancro; os tíos progresistas Franz e Marie; o avó Markus; a amorosa avoíña Ester; Paul (o mozo case namorado que se deixa intimidar polo ambiente); Karl (o mozo aniquilado de amor, culto e firme nas súas conviccións).