Buscar neste blog

Y Julia retó a los dioses. Santiago Posterguillo

Manterse no alto é moito máis difícil que chegar. Julia está na cúspide da súa poder, pero a traizón e a división familiar ameazan con botalo todo a perder. Aínda por riba de males, o médico Galeno diagnostica que a emperatriz padece o que el, en grego, chama karkinos, e que os romanos, en latín, denominan cancro. O enfrontamento brutal entre os seus dous fillos aboca a dinastía de Julia ao colapso. No medio da dor física e moral que padece a augusta, calquera se rendeu. Acumúlanse tantos desastres que Julia sente que é coma se loitase contra os deuses de Roma. Pero, no medio do caos, unha historia de amor máis forte que a morte, unha paixón capaz de superar probas imposibles emerxe ao rescate de Julia. Nada está perdido. A partida polo control do imperio continúa.