Buscar neste blog

Algo tan sencillo como darte un beso. Blue Jeans

David, Elena, Óscar, Iria, Julen, Manu, Ainhoa e Toni, os mozos do corredor 1 b volven á residencia Benjamín Franklin despois das vacacións de Nadal. Con eles, tamén as novas parellas de David e Elena, Marta e Martín, que seguen adiante coa súa relación. Pero non están todos, falta Nicole, que tivo que marcharse a Valencia, coa súa familia, tras sufrir unha agresión xenófoba no Starbucks onde traballaba. Os mozos bótana moito de menos, e ela está a desexar volver, pero a súa familia non quere nin oír falar diso; aínda non se lles quitou o susto do corpo. Aínda que aparentemente todo segue igual, os mozos enfrontaranse neste novo trimestre ás máis variadas situacións: fenómenos semiparanormales, cambios de rumbo inesperados e a aparición nas súas vidas de alguén que non debería estar, novos amores sorprendentes e outras rupturas previsibles.