Buscar neste blog

Las tres heridas. Paloma Sánchez - Garnica

Ernesto, un escritor sempre á procura da súa gran obra, atopa unha antiga caixa de latón que contén a fotografía dunha moza parella, Mercedes e Andrés, xunto cunhas cartas de amor. Comezará a indagar na historia da parella a través dos datos que obtén das cartas. A intrigante imaxe, tomada o día que empezaba a guerra civil, e o posible destino dos seus dous protagonistas axudaranlle a escribir a súa gran novela mentres se converte en testemuña das feridas do amor, da morte e da vida. As tres feridas é unha novela de reconciliación, de sentimentos, de amores e de ausencias que nos descobre as únicas razóns polas que é importante vivir e morrer.