Buscar neste blog

La bibliotecaria de Auschwitz. Antonio G. Iturbe

Sobre o lodo negro de Auschwitz que todo o engole, Fredy Hirsch levantou en segredo unha escola. Nun lugar onde os libros están prohibidos, a moza Dita esconde baixo o seu vestido os fráxiles volumes da biblioteca pública máis pequena, recóndita e clandestina que existise nunca. No medio do horror, Dita dános unha marabillosa lección de coraxe: non se rende e nunca perde as ganas de vivir nin de ler porque, mesmo nese terrible campo de exterminio, «abrir un libro é como subirche a un tren que che leva de vacacións». Unha emocionante novela baseada en feitos reais que rescata do esquecemento una das máis conmovedoras historias de heroísmo cultural.