Buscar neste blog

Inés y la alegría. Almudena Grandes

Toulouse, verán de 1939. Carmen de Pedro, responsable en Francia dos decimados comunistas españois, crúzase con Jesús Monzón, un ex cargo do partido que, sen ela intuílo, alberga un ambicioso plan. Meses máis tarde, Monzón, convertido na súa parella, organizou o grupo máis disciplinado da Resistencia contra a ocupación alemá, prepara a plataforma da Unión Nacional Española e conta cun exército de homes dispostos a invadir España. Entre eles está Galán, que combateu na Agrupación de Guerrilleiros Españois e que cre, como moitos outros no outono de 1944, que tras o desembarco aliado e a retirada dos alemáns, é posible establecer un goberno republicano en Viella. Non moi lonxe de alí, Inés vive recluída e vixiada en casa do seu irmán, delegado provincial de Falanxe en Lérida. Sufriu todas as calamidades desde que, soa en Madrid, apoiou a causa republicana durante a guerra, pero agora, cando oe ás agachadas o anuncio da operación Reconquista de España en Radio Pirenaica, Inés ármase de valor, e de secreta alegría, para deixar atrás os peores anos da súa vida.