Buscar neste blog

La vaca púrpura. Seth Godin

O mundo está a cambiar de forma vertixinosa e, con el, as regras do márketing. As vellas prácticas tan ben aprendidas durante anos deixaron de funcionar porque saturaron os medios de comunicación e a mente do consumidor. Para que o noso produto non se volva invisible entre unhas opcións cada vez máis numerosas debemos facelo extraordinario, diferencialo e lograr que a xente se fixe nel coma se fose unha Vaca Púrpura. As vacas parecen todas iguais, pero unha Vaca Púrpura é algo que chama a atención, que nos obriga a pararnos, a mirar e mesmo a marabillarnos. É algo incrible, emocionante, diferente, algo que nunca se esquece. E o máis importante, é parte do produto desde o seu nacemento. O gurú do márketing Seth Godin ofrécenos neste libro un novo punto de vista sobre os produtos e formulacións de mercado que deberían deixar de ser “perfectos” para converterse en diferentes e transformadores.