Buscar neste blog

Mujeres exploradoras. Riccardo Francaviglia

Mujeres exploradoras.
En todas as épocas houbo mulleres incribles que loitaron para facer os seus soños realidade sen que nada nin ninguén as detivese. Nas páxinas deste libro poderás seguir os pasos dalgunhas exploradoras extraordinarias que non vacilaron en desafiar as convencións sociais do seu tempo para perseguir a liberdade e buscar o coñecemento. Edurne Pasaban e Junko Tabei escalaron altísimas montañas, Maria Sibylla Merian estudou os bosques tropicais, Gertrude Bell trazou o mapa dun deserto, Laura Dekker deu a volta ao mundo en veleiro, Valentina Tereshkova lanzouse a explorar o espazo. Aquí atoparás montañistas, xornalistas, estudantes, artistas, aviadoras... Cada unha das mulleres que aparece no atlas é única, pero todas comparten o mesmo espírito valente. E a ti, gústanche as aventuras? Atréveche a vivilas.