Buscar neste blog

Historias de fantasmas de Japón. Lafcadio Hearn

Historias de fantasmas de Japón
Lafcadio Hearn, nacido na illa grega de Léucade en 1850 e falecido en Tokio en 1904, foi o primeiro gran japonólogo da literatura occidental, polos seus relatos de pantasmas e os seus libros de divulgación. Grazas á súa muller nipoa coñeceu os contos tradicionais sobre espectros e aparicións, que se encargou de converter en novos relatos tras sometelos a un coidado proceso de reescritura e reelaboración. Esta edición reúne 11 desas inquietantes historias, poboadas de pantasmas, espíritos e outros seres sobrenaturais.