Que curioso!
Un libro, un vaso, unha cadeira, o pan, unha culler e unha camiseta son obxectos que forman parte da vida cotiá. Pero como se fan estes obxectos? Cal é a súa historia? En que consiste o seu proceso de fabricación?
Este libro dá resposta a todas as preguntas relacionadas con obxectos sinxelos, pero que teñen tras de si un complexo proceso de elaboración. Trátase dun libro de gran formato con dobres páxinas despregables moi visuais e cadernos pequenos con información adicional, clara e amena.
Interesantes curiosidades.
Seguro que algunha vez preguntáchesche como se fabrica un coche ou o diñeiro, como se constrúe un edificio, como se desenvolve un videoxogo, como se crean internet e os seus contidos ou como se produce a electricidade. Neste libro explícanse todos estes procesos de maneira amena e moi visual.