Buscar neste blog

"Historia das mulleres galegas" e "Historia da lingua galega" ((Pepe Carreiro)


Das marchas nómades á Marcha Mundial das Mulleres

Con Historia das mulleres galegas, Pepe Carreiro fainos unha nova entrega da súa particular visión da historia dirixida ao público infantil, especialmente a de Galicia, iniciadas coas Historia da Lingua galega e Historia de Galicia. Segundo o seu propio autor, esta parodia histórica apenas repara en mulleres senlleiras, aínda que as houbo e algunhas saen aquí. Repara e aíbnda se recrea nas mulleres comúns, aquelas que, sen seren protagonistas de episodios radiantes, foron as que mantiveron isto ao longo dos séculos. Tamén as vacas, fóra a alma, os cabalos, os burros ou, claro, os homes comúns. Toda esa grea cargou coa historia nos seus lombos. Mais as mulleres cargaron sen deixaren de atender a familia e a casa. Se cadra por iso é polo que, até non hai moito, as mulleres galega, e moitas outras mantiñan con tanto equilibrio un peso na cabeza.



Cóntase, ao longo das súas 60 páxinas ilustradas, a historia da nosa lingua. É un libro de divulgación, cun enfoque humorístico e rigoroso, que, xunto ás ilustracións a dobre páxina e a toda cor, se fai de moi doada lectura.
Estrutúrase arredor de doce períodos:

  1. Que lingua falaban en Galiza antes da romanización;
  2. A romanización;
  3. A lingua de Galiza durante 700 anos;
  4. Ao principio, lingua oral;
  5. Conversión en lingua escrita;
  6. A penetración do castelán;
  7. Os Séculos Escuros;
  8. A Ilustración;
  9. O Rexurdimento;
  10. O século XX;
  11. A persecución no 36, e
  12. A lingua galega hoxe.