Buscar neste blog

Todo lo que sucedió con Miranda Huff (Javier Castillo)

Unha fin de semana nunha cabana no bosque. 
Un matrimonio en crise.
Unha misteriosa desaparición. 
Que sucedeu con Miranda Huff? 
 
Unha parella en crise decide pasar unha fin de semana de retiro nunha cabana no bosque en Hidden Springs, pero cando Ryan Huff chega para atoparse con Miranda a porta está aberta, hai dúas copas de viño sobre a mesa, ninguén no interior e o cuarto de baño atópase cheo de sangue. 
Todo o que sucedeu con Miranda Huff é un thriller psicolóxico de ritmo vertixinoso onde parece imposible atopar a Miranda con vida. O que Ryan descoñece é que a desaparición da súa muller conecta a súa historia coa do seu mentor, o gran James Black, e co descubrimento do cadáver dunha muller desaparecida trinta anos atrás na mesma zona.