Buscar neste blog

Marie Curie (Alice Milani)

Cando chegou a París e matriculouse na Sorbona, Maria Skł odowska xa tiña vinte e catro anos. En Polonia tivera que traballar como institutriz para aforrar o diñeiro necesario e empezar así os seus estudos de física. O apelido co que se fixo famosa era en realidade o do seu marido, Pierre Curie, quen a axudou nas súas investigacións sobre unha substancia descoñecida cuxas propiedades eran bastante curiosas: emitía enerxía, luz e calor. Estamos nos albores da física nuclear, así como das mulleres no mundo da ciencia. Despois da inesperada morte de Pierre, Marie seguiu adiante coa súa carreira, brillante e independente, pero para iso tivo que enfrontarse á mentalidade conservadora da Europa de principios do século XX.