Buscar neste blog

Las hijas de Tara (Laura Gallego)

Benvidos a un mundo futuro no que tecnoloxía e natureza son inimigas irreconciliables e onde se desatou unha interminable guerra entre a ciencia e a maxia, entre o artificial e o natural. O primeiro bando refúxiase nas dumas, cidades que alcanzaron un altísimo nivel tecnolóxico. O bando contrario ocúltase en Mannawinard, un xigantesco bosque no que volveu a brotar a maxia, baixo os auspicios da renacida deusa Tara. Entre ambos se estenden os @sombrío Páramos, zonas baldías que serven de fronteira gardada polos guerreiros Ruadh. 
Neste contexto Kim, unha audaz mercenaria, recibe o encargo de roubar un androide da poderosa compañía Nemetech; pero as cousas non saen como planeara nun principio, e pronto se verá obrigada a escapar das dumas para salvar a súa vida. No seu camiño unirase por necesidade a Keyko, unha guerreira da Orde Mística das Fillas de Tara, e coñecerá a outros personaxes que sobreviven como poden no medio do caos. 
Esta viaxe levará a Kim e os seus compañeiros a través dos Páramos e Mannawinard ata o mesmo corazón do mundo natural, en busca de respostas sobre os titánicos poderes enfrontados que dominan os seus destinos.