Buscar neste blog

La selección natural- Charles Darwin

«Expresado moi brevemente, Darwin sustanció con moi variadas evidencias a idea (que outros antes que el propuxeran) de que as especies evolucionan, atopando ademais un mecanismo que facía plausible tal evolución; defendeu que a vida é como unha árbore, de cuxas raíces foron brotando diferentes ramas, isto é, especies, que co paso do tempo continúan diversificándose, dando orixe a outras baixo a presión de determinados condicionamentos. […] Ao longo do século e medio que nos separa da publicación da orixe das especies, a esencia do seu contido non fixo senón recibir confirmación tras confirmación. Poida que aínda resten cuestións por dilucidar, pero o evolucionismo darwiniano fornécenos un marco conceptual e explicativo imprescindible para comprender o mundo natural de maneira racional, sen recorrer a mitos».