Buscar neste blog

Cuando me veas (Laura Gallego)

Fenómenos paranormais no instituto?
por Salima O Hamidi.

Desde hai unhas semanas corren rumores acerca de estraños sucesos que non teñen explicación. Algúns alumnos afirman ser atacados por unha forza invisible; outros aseguran que viron obxectos movéndose sós polo aire ou que sentiron unha estraña presenza axexándoos polos corredores. 
A que nos enfrontamos exactamente? Na redacción de Voces recollemos teorías para todos os gustos, pero a explicación paranormal é a que ten máis aceptación. Á fin e ao cabo, todos lembramos a historia do tristemente soado “mozo da azotea”… 
Así pois, hai unha pantasma no instituto? Se é así, quen é, e que intencións ten? Non o sabemos aínda, pero poida que non tardemos moito en pescudalo.