Buscar neste blog

Las ricas horas de Jacominus Gainsborough (Rébecca Dautremer)

Ricas horas? Como que ricas horas? Digamos máis ben toda unha vida! A de Jacominus Gainsborough. As follas secas do parque, a choiva, a marea baixa. Un tropezón, unha despedida no peirao, un encontro nun xardín cheo de pedras. Un pícnic, varias carreiras e a sombra fresca do almendro. Todas esas cousas. Unha vida. 

Rébecca Dautremer cóntanos neste libro a vida completa de Jacominus e deléitanos coas súas marabillosas ilustracións.