Buscar neste blog

Yo, Julia (Santiago Posteguillo)

92 d. C. Varios homes loitan por un imperio, pero Julia, filla de reis, nai de césares e esposa de emperador, pensa en algo máis grande: unha dinastía. Roma está baixo o control de Cómodo, un emperador tolo. O Senado conxúrase para terminar co tirano e os gobernadores militares máis poderosos poderían dar un golpe de estado: Albino en Britania, Severo no Danubio ou Nigro en Siria. Cómodo retén ás súas esposas para evitar a súa rebelión e Julia, a muller de Severo, convértese así en refén.
De súpeto, Roma arde. Un incendio arrasa a cidade. É un desastre ou unha oportunidade? Cinco homes dispóñense a loitar a matar polo poder. Cren que a partida está a piques de empezar. Pero para Julia a partida xa empezou. Sabe que só unha muller pode forxar unha dinastía.