Buscar neste blog

Triloxía: Memorias de Idhún (Laura Gallego)

Memorias de Idhún I. LA RESISTENCIA. 


O día en que se produciu en Idhún a conxunción astral dos tres soles e as tres lúas, Ashran o Nigromante fíxose co poder alí. No noso mundo, un guerreiro e un mago exiliados de Idhún formaron a Resistencia, á que pertencen tamén Jack e Vitoria, dous adolescentes nados na Terra. O obxectivo do grupo é acabar co reinado das serpes aladas, pero Kirtash, un mozo e desapiadado asasino, enviado por Ashran á Terra, non llo vai a permitir…






 Memorias de Idhún II. TRÍADA.

Os membros da Resistencia chegaron por fin a Idhún, dispostos a facer cumprir a   


profecía. Pero non todo é tan sinxelo como parece. Asumirán os protagonistas o seu papel no destino vaticinado polos Oráculos? Pode a Resistencia confiar no seu novo aliado? Como serán recibidos en Idhún, despois de quince anos de ausencia? Cal será o próximo movemento de Ashran e os sheks? 

Memorias de Idhún. Tríada é a segunda parte de La Resistencia, a novela que daba comezo ás Memorias de Idhún. Se gozaches coas aventuras de Jack, Vitoria e Kirtash non podes perderche a continuación do primeiro libro e o inicio da súa viaxe polo mundo de Idhún.


 Memorias de Idhún III. PANTEÓN.


Tras a última batalla contra Ashran e os sheks, moitas cousas parecen cambiar en Idhún. Con todo, os Oráculos falan de novo, e as súas voces non son, nin moito menos, tranquilizadoras. Algo está a piques de suceder, algo que pode cambiar para sempre o destino de dous mundos… algo que, talvez, nin sequera os heroes da profecía sexan capaces de afrontar… 

Memorias de Idhún III. Panteón é a terceira e última parte da serie de Memorias de Idhún. Se che gustaron La Resistencia e Tríada, non te podes perder o desenlace da triloxía…